Manifestación da Alianza Social Galega

asoga

A Alianza Social Galega, da que a nosa ANPA forma parte a través da Confederación de ANPAS Galegas, ven de convocar para o vindeiro 23 de novembro unha manifestación en rexeitamento da brutal reforma da lei de seguridade cidadá actualmente en proxecto, en virtude da que se vai ver diminuida a capacidade de contestación social e na que mesmo se tipifican como delicto accións que ata o de agora non tiñan tal consideración.

É por isto, polo ataque que esta lei supón a dereitos básicos sobre os que se asenta a participación democrática: liberdade de expresión, de manifestación e de folga polo que vos animamos a participar da devandita convocatoria.

Deixe un comentario