ASOCIARSE

cropped-anpa-fontela-0202.jpgPara facerse socio chega con cumprimentar o impreso de alta como socio e facelo chegar polos seguintes medios:

  • Na ludoteca de luns a venres en horario de 16.30 – 19.00
  • Por correo electrónico:anpafontela@gmail.com
  • Nun sobre a nome da Anpa na conserxería do centro

Agardamos contar coa colaboración das familias para conseguir os obxectivos da Asociación.En todo caso, cantas máis familias se fagan socias da ANPA, máis actividades e servizos poderán ser xestionados para beneficio de todos.

POR QUÉ ASOCIARSE?
Facéndose socias, as familias entran a participar da vida da asociación, co grao de implicación que cada quen guste de ter, dende a presenza nas Asembleas para escoitar e achegar a súa opinión sobre todos os temas que tratemos, ata a dedicación a un tema concreto, a xestión dunha actividade, ou mesmo, se tedes o tempo para facelo, a organización da propia Asociación.

As familias temos un gran papel na vida cotiá do colexio, e a existencia da ANPA ten como único fin organizar entre todas esa participación, por iso é importante colaborar cando menos durante un tempo como membro da Directiva, un traballo sinxelo e reconfortante. É por iso que solicitamos sempre, e agradecemos enormemente, a participación e apoio en todas as iniciativas.

Entre as obrigas das socias e socios está a de aceptar os Estatutos e acordos dos órganos da asociación, colaborar no cumprimento dos fins e contribuír economicamente ao sostemento da Asociación co pagamento da cota de asociada/o. Esta cota é anual e única, independentemente do número de fillas/os que estean escolarizadas/os Centro.

As cotas son as seguintes:

  • COTA DE SOCIO DA ANPA : 20 €/ano (se se fai efectiva no 1º trimestre).

O cargo farase directamente na conta bancaria que se indique no formulario de alta.

A cota págase por familia.

 

 

Advertisements

Deixe un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s