Mobilización 20 de decembro convocada pola Alianza Social Galega

CONCENTRACION ALIANZA 20 DECEMBRO 2012O próximo xoves, 20 de decembro, ás 19:30 horas na Praza de Galicia de Compostela, estamos todos chamados a unha concentración convocada pola Alianza Social Galega.

 A Alianza é unha organización donde estamos representadas, a través da federación de anpas de Compostela, todas as asociacións de Nais e Pais desta comarca, xunto con outras moitas organizacións de moi diferente tipo, dende asociacións culturais, ata movementos sociais, sindicais ou profesionais. A Alianza representa o que sempre pedimos, un movemento de integración, onde cabe todo o mundo, que ten como único obxectivo a defensa dun estado social.

Nesta ocasión, ademais, atínxenos directamente un dos lemas da concentración pois pronunciarse en contra da privatización do ensino significa tamén defender o ensino público. Pero tamén nos concentraremos pola defensa da sanidade pública, dunha xustiza para todos, ou apoiando a defensa dos pensionistas e desafiuzados.

Se non protestamos, se non nos facemos oír, estarémos apoiando indirectamente todo o que están facendo, e non é iso o que queremos.

Vémonos o día 20, ás 19:30 na Praza de Galicia

Advertisements