LUDOTECA

A LUDOTECA do noso cole é un servizo moi valioso pola importante labor de conciliación que realiza e que está a DISPOSICIÓN DE TODAS AS FAMILIAS.

Queremos lembrarvos que é un servizo que PODEDES APROVEITAR CANDO NECESITEDES. Ten a finalidade de CONCILIACIÓN INMEDIATA E URXENTE e por iso é posible o seu uso puntual.

POR QUE É NECESARIA A NOSA LUDOTECA?

Sabedes que a das Fontiñas foi a primeira ludoteca en funcionamento dos coles de Santiago? Este servizo comezou no curso 2009-2010, naquel momento durante 3 horas diarias, de luns a venres, para facer posible a conciliación da vida familiar e laboral dun modo enriquecedor e lúdico para a rapazada.

Foi a primeira ludoteca dos colexios públicos de Compostela entendida como un servizo de utilización puntual para vir ocasionalmente, con motivo dunha urxencia, etc.

QUE FACEMOS NA LUDOTECA?

Ante todo, trátase dun espazo pensado para os nosos nenos e nenas con actividades didácticas que se realizan de forma LÚDICA. E posto que se trata dun espazo de conciliación deixamos tamén un tempo para que tomen a merenda.

Prográmanse diferentes actividades para cada día da semana:

CAL É O HORARIO?

A LUDOTECA do CEIP das FONTIÑAS funciona de 16:30 a 18:30h de luns a venres.

Pero hai diferentes modalidades horarias moi flexibles para que sexa máis acomodable ás necesidades de todas as familias. Podes precisar un día fixo, ou quizáis algún día solto ao mes, ou simplemente xorde algo inesperado unha mañá e precisamos buscar algo rápido para esa tarde…

Os nenos e nenas poderán ser recollidos en calquera momento.

CANDO SOLICITO O SERVIZO?

Sabedes que podedes solicitala o mesmo día pola mañá ata as 14 horas ?

O ideal é avisar coa maior antelación posible, pero se algún día tendes un imprevisto, non conseguides chegar a tempo a recoller aos vosos fillos ao comedor ás 16:30h, ou simplemente xorde algunha situación urxente que vos obrigue a precisar de conciliación entre 16:30 e 18:30h….. a LUDOTECA está á vosa disposición.

COMO AVISO CANDO NECESITO LUDOTECA UN DÍA SOLTO?

 Podedes chamar ou enviar un wassap directamente ao teléfono 691475060, ou ben avisar a través do mail santiago@actex.es. O alumnado que empregue días soltos debe avisar antes das 14h do mesmo día e pode ser recollido en calquera momento na franxa horarias de 16:30h a 18:30h.

COMO FACERME USUARIO DA LUDOTECA?

Para ser un usuario da LUDOTECA basta con cubrir o impreso á vosa disposición na nosa páxina.

Tanto se eres un usuario fixo como se necesitas da LUDOTECA en días soltos, o ideal é cubrilo ao inicio de curso.

En todo caso, a inscrición na LUDOTECA está sempre aberta, e podes solicitar o seu uso EN CALQUERA MOMENTO DO CURSO ESCOLAR.

CALES SON AS TARIFAS?

Os prezos varían segundo o uso que se realiza da LUDOTECA. Estes son os prezos para o curso actual.

Ludoteca_10 horas/semana… 50,00 €/mes

Ludoteca – 4 horas/semana… 23,00 €/mes

Ludoteca_9 horas/semana… 46,00 €/mes

Ludoteca–3horas/semana… 20,00 €/mes

Ludoteca–8 horas/semana… 42,00 €/mes

Ludoteca – 2 horas/semana… 14,00 €/mes

Ludoteca–7 horas/semana… 40,00 €/mes

Ludoteca – 1 hora/semana… 10,00 €/mes

Ludoteca–6 horas/semana… 35,00 €/mes

Ludoteca – días soltos/2h… 5,00 €/día

Ludoteca– 5 horas/semana… 25,00 €/mes

Ludoteca – días soltos/1h… 3,00 €/día

QUEN A XESTIONA?

O monitor da nosa LUDOTECA é Marcos Donicci. Marcos leva a LUDOTECA dende hai seis anos e tamén é un dos nosos monitores do comedor, por tanto coñece moi ben o noso cole e tamén a todas as crianzas que fan uso deste servizo.

A empresa contratada para xestionar o servizo é Actividades Lúdicas Galicia, SL (GRUPO ACTEX)

Para calquera dúbida sobre este tema podedes poñervos en contacto polos seguintes medios:

Coa empresa Actex no teléfono 666 582 190 en horario de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:30

No e-mail da empresa Actex santiago@actex.es

E ti? Xa es usuario da nosa LUDOTECA?

Advertisements

Deixe un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s