Este venres 14 de xuño: Festa Fin de Curso

 

Finaliza o curso e coma sempre, a ANPA Fontela organiza unha Festa do Verán para toda a comunidade educativa. Será este venres 14 xuño.

Como o ano pasado, a ANPA aportará un pequeno xesto ecolóxico nesta festa, propoñéndovos empregar os ecovasos  reutilizables que teremos disponibles. (Prezo: 1 euro, reembolsable se devolvedes o ecovaso).


Pero se tedes o vaso do ano pasado, traédeo!

Animádevos!! Vinde participar desta tarde de convivio!!!

E vinde brincar cos novos xogos de chan pintados, nas pasadas semanas, polas familias coa organización da ANPA, dentro do proxecto Patio en reformas.

Agardámosvos!!!

 

ESTE VENRES: FESTA E EXHIBICIÓNS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES!

Un ano máis, a ANPA FONTELA organiza un serán para compartir e tecer vínculos de unión entre toda a Comunidade Educativa.
Programa:
  •         16:30h a 17:30hExhibición de actividades dos nenos e nenas que van a clases de danza galega, circo, iudo, patinaxe, inglés, tenis, capoeira e robótica.
  •         17:45h a 19:45h – Concerto de HABELAS HAINAS e concerto de SES
A merenda servirase a partir das 17:30h. Animádevos a colaborar con algo de comida para festa (tortillas, biscoitos…), desde as 16:20h poderedes facer as vosas achegas que serán benvidas!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DA ANPA

Como cada ano, a ANPA Fontela organiza unha excursión de fin de curso para as familias do CEIP das Fontiñas.

Nesta ocasión, visitaremos Buño (Malpica) e a praia de Balarés (Ponteceso), o vindeiro domingo 18 de xuño.

Se queredes inscribirvos tedes que mandar un correo electrónico, co asunto “EXCURSIÓN FIN DE CURSO” a anpafontela@gmail.com, indicando nome, apelidos e DNI dos adultos (imprescindible para preinscribirse) e nome e apelidos d@s nen@s. Se non sodes soci@s da Anpa, tamén tedes que incluir un número de conta corrente.

O prezo da excursión é de 4 euros para adultos e 2 euros para @s cativ@s.

O resto das instrucións van NESTE DOCUMENTO.

 

Animádevos!!

CAMPAMENTO DE ENTROIDO

cartel campamento entroido.jpg

A Federación ANPAS COMPOSTELA volve organizar actividades nos tres días non lectivos do próximo Entroido (27-28 de febreiro e 1 de marzo) para facilitar a conciliación da vida laboral coas vacacións das nosas crianzas.

Neste ano, ademais do noso centro, amplíase a oferta a outros tres, e así os campamentos faranse nos CEIPs das Fontiñas, Ramón Cabanillas, Roxos e Quiroga Palacios.

Aquí tedes a ficha de inscrición:

campamento de entroido 2017