Próximo obradoiro sobre “A Comunicación na Familia” no CEIP Fontiñas

A Comunicación na FamiliaOrganizadas pola ANPA FONTELA do Ceip As Fontiñas en colaboración ca Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes do Concello de Santiago de Compostela (UMAD), a partir do próximo luns terán lugar unha serie de charlas sobre “A Comunicación na Familia”. Estas charlas impartiranse no centro educativo Ceip As Fontiñas en horario de 16:30 a 18:30. 

Pensamos que é un tema interesante e necesario porque é certo que as veces non é doado comunicarse cos nosos/as fillos/as.

A continuación detallamos toda a información:

PROGRAMA: Escola de nais e pais para a educación

ORGANIZA: ANPA FONTELA do Ceip As Fontiñas

TALLER: A COMUNICACIÓN NA FAMILIA

 Prevención de drogodependencias a través de Escola de nais/pais para a educación

 PRETENDEMOS:

Vivimos na “cultura da comunicación e da información” e aínda así as dificultades e atrancos para o entendemento entre pais e fillos non decreceron…. en ocasións semella que aínda aumentaron.

Con este obradoiro pretendemos botar unha pequena ollada, a través de reflexos da vida diaria, das cousas que nos axudan e aquelas que entorpecen nesa aventura diaria que é a convivencia na familia.

Trataremos de proporcionar aos pais e nais estratexias e información que melloren a comunicación cos seus fillos e fillas.

 A QUE VAI DIRIXIDO

Pais, nais e titores e titoras legais de alumnos de Infantil e Primaria do Ceip As Fontiñas

IMPARTE O OBRADOIRO

María José Blanco Freire. Psicóloga responsábel do programa de atención a adolescentes da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes do Concello de Santiago de Compostela (UMAD).

Datas: 25 de febreiro e 4,11 e 18 de marzo.

Horario:16.30h-18.30h

LUGAR: no centro educativo Ceip As Fontiñas

PARA PARTICIPAR: Poñerse en contacto a través do correo electrónico coa ANPA (anpafontela@gmail.com)

Advertisements