Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

Dende a Fundación USC Deportiva infórmannos da convocatoria da segunda edición do seu concurso de postais de nadal destinado aos rapaces e rapazas nados entre os anos 2002 e 2011.

A postal gañadora formará parte da tarxeta de nadal da Fundación USC Deportiva e o seu autor ou autora desfrutará dunha praza para o Verán CampUSC 2015.

O prazo para a presentación das postais remata o vindeiro 9 de decembro.

Podedes atopar máis información facendo clic aquí

Advertisements

Comunicado foro de debate

A directiva da Anpa Fontela, diante da inesperada repercusión do noso recente foro de debate, queremos expor:

  • Entendemos que Internet é unha canle  libre, aberta, e participativa, axeitada para o intercambio de opinións, como se ve nos innumerables foros existentes, dos que vos traemos algúns exemplos:
  • O foro de debate foi consecuencia do desexo dos socios, manifestado na asamblea de novembro de 2012, para crear unha canle de participación activa.
  • Temos que agradecer ós participantes, e as nosas case 2000 visitas nos 12 días nos que estivo aberto o foro, o interese demostrado, que nos fai pensar que foi unha iniciativa axeitada e con futuro.
  • Con motivo da asamblea convocada pola dirección do colexio para mañá, 15 de maio, decidimos reabrir o foro ata ese día, para que todos aqueles que non tiveron esa posibilidade poidan ler o que alí se escribiu e poidan formarse unha opinión.
  • Queremos tamén dicir que todos os temas tratados no foro, foran previamente expostos e debatidos en numerosas ocasións ca dirección do centro.
  • Consideramos que o primeiro resultado positivo deste foro é a convocatoria desta reunión de mañá, que ha servir para inaugurar unha nova etapa de diálogo.