O CEIP Fontiñas celebra o seu XX Aniversario coa “Nena e o Grilo”

CartazMaginBlanco_recorte

 

Estamos xa na recta final do curso e tamén no sprint final das celebracións do XX Aniversario do noso Colexio, e como non podía ser doutra forma a ANPA sumámonos organizando o que agardamos que sexa unha gran festa para toda a nosa comunidade educativa.

CANDO? O Xoves 19 a partir das 16.30h
ONDE? Onde ía ser? No “cole”
QUE? exhibición de actividades extraescolares, concurso de tortillas e biscoitos, entrega de premios do concurso de cartaces do banco de libros, merenda e concerto-espectáculo “A nena e os grilos”
(descarga aquí o programa completo)

Para organizar todo isto e que todo saia ben precisamos aínda algunha man máis que se anima a colaborar durante esa tarde a que a festa saia redonda, se tes ese tempiño para botarnos unha man envíanos un correo a anpafontela@gmail.com 

Contamos convosco!!! Agardamos que veñades todos a desfrutar!!! Alí nos vemos!

Advertisements