Obradoiro de Radio: aínda quedan prazas!


Mañá, a partir das 16:30h na biblioteca do CEIP das Fontiñas
, a ANPA Fontela organiza un obradoiro de Radio aberto á toda a comunidade educativa, adulta e miúda.

Aíndan queda algunha plaza para o obradoiro de Radio de mañá, animádevos a participar!!!

Podedes inscribirvos previamente a través do seguinte formulario:
Para calquera dúbida ou anulación de inscrición podedes poñervos en contacto no email anpafontela@gmail.com

IRIÑA BAILARIÑA

Seguimos coa Festa do Outono: hoxe mans á obra!

Esta tarde a partir das 16:30h o artista Joseba Muruzábal vai encher os muros do pavillón (xunto coas crianzas que o desexen) de fontiñas máxicas. As persoas que queiran participar na actividade deberían traer roupa vella e luvas por se lles cae algo de pintura máxica.

O grupo Batuko Tabanka repite con nós este ano para seguir espallando a súa enerxía e sabiduría entre as nosas crianzas. Alén da súa marabillosa música e as súas danzas este ano imos falar con elas sobre as costumes agrícolas de Cabo Verde para implementar o proxecto da horta que se está a traballar este ano no colexio.

Para pasar a tarde dun xeito máis doce repartiremos chocolate quente para quen o desexe 😉

 

Animádevos a participar!