Mobilizacións dos días 6 e 7

Esta semana están deservolvéndonse unha serie de accións de protesta contra o proxecto de Lei Wert; convocadas todas elas polos diferentes sindicatos de estudantes.

Concretamente haberá unha manifestación o mércores 6, hoxe mesmo, pola mañá na que os sindicatos teñen convocado ao estudantado de secundaria, bacharelato e universidades.

TAMEN, ó contrario que outras veces nas que non se realizaban nesta cidade, o xoves día 7 ás 19 horas, na Alameda, estamos chamados todos a unha concentración.
É importante estar de acordo cos xoves, e contra a Lei Wert, porque é o futuro dos nosos fillos e da nosa sociedade.

Todos podemos perder un par de horas da nosa vida, sen excusas, cando o obxectivo o merece.

Vémonos o día sete.

Advertisements
Mobilización contra a LOMCE

Concentracións do día 31 contra a Lei Wert

Mobilización contra a LOMCE

Lembrámosvos que o proximo xoves 31 de xaneiro, ás sete e media, na praza do Toural, concentrarémonos, por chamado da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, para rexeitar de novo publicamente o proxecto da nova lei de educación, a chamada Lei Wert.

Semella que son moitas concentracións, e que non serven para nada, pero non é verdade; o que non serve para nada é quedar na casa e que outros decidan.

Manifestámonos polo futuro dos nosos fillos, non hai mellor motivo.

Mobilización en defensa do galego

Pola lingua que nos une

Pola lingua que nos une

O próximo domingo, día 27, ás 12 da mañá sairá da Alameda compostelá unha manifestación convocada pola plataforma cidadá “queremos galego”, da que esta anpa é membro desde os seus inicios.

Sempre é un motivo suficiente mobilizármonos en defensa da nosa lingua; neste caso engadimos unha razón máis: queremos defender a educación en galego dos nosos fillos, unha educación que se ve moi ameazada con proxecto de lei que está en trámite actualmente, que relega á nosa lingua a un papel menor dentro do curriculo educativo.

O domingo temos a oportunidade de dicir, dun xeito claro e compartido, que queremos que a nosa lingua siga presente na educación, mesmo que medre a súa presenza; non deixedes de asistir.

Máis información en http://www.queremosgalego.org/2012/12/16/80/