QUEN SOMOS

O noso equipo directivo está formado por:

  • Presidenta:Pilar Díaz
  • Vicepresidenta: Xandra Tedín
  • Secretaria: Natalia San José
  • Tesoureira: Mabel Sampedro
  • Vogais: Natalia Poncela, Manolo Maseda, Flora Miranda, Noa Díaz, Xaquín Rodriguez

A ANPA ten representación no Consello Escolar e constitúe una plataforma aberta de participación e reivindicación en todo o relativo ao ámbito educativo. De xeito permanente, a ANPA conta con representantes en distintas comisións de traballo da Federación de ANPAS COMPOSTELA (https://federaciondeanpascompostela.wordpress.com/), en concreto:

Comisión de necesidades educativas especiais: grupo de traballo formado por nais, pais e profesionais do ensino, para a valoración e mellora da integración no eido socioeducativo do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, a través de charlas, mobilizacións e creación de programas específicos.

Comisión de comedores: medio de comunicación entre o Concello de Santiago (entidade contratante da empresa que presta o servizo de madrugadores e comedor), o CEIP das Fontiñas, a empresa adxudicataria (SERUNION), e as propias familias usuarias dos servizos.

Comisión de actividades extraescolares: tenta coordinar a información e experiencias das actividades extraescolares entre os diferentes centros que integran a Federación de ANPAS, co obxectivo de mellorar a capacidade de cadansúa ANPA, na procura de novas experiencias e diferentes modalidades de actividades; así como participar en proxectos en común que abaraten e faciliten súa xestión.

Comisión de igualdade: ten como obxectivo o traballo, dun xeito transversal, a prol da coeducación no Ensino Público, visibilizando situacións nas que se debe traballar e mellorar e subliñando propostas específicas para que a temática da igualdade sexa un constante debate dentro da comunidade educativa.

Comisión de obras: grupo de traballo que trata de ser outra cara visible nas reivindicacións sobre infraestruturas que os centros realizan perante as administracións públicas; para que as necesidades das que se solicita cobertura teñan diferentes ecos e variada presenza na contorna.

Comisión de lingua e cultura: grupo de traballo para establecer canles de comunicación cos equipos de Normalización Lingüística tanto do CEIP como do Concello de Santiago; así como mellorar a integración do centro no barrio con proxectos en común coas asociacións culturais e sociais da nosa zona

Advertisements