MOBILIZACIÓNS 13 DE DECEMBRO

O próximo día 13, xoves, ás sete da tarde, diante do IES Rosalía de Castro, na Alameda, está convocada unha CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO E PARA A RETIRADA DA LEI WERT. Á mesma hora realizaranse concentracións en todo o Estado coa mesma intención.

Actualmente, tanto o goberno do Estado, pero tamén o da Xunta, están practicando unha política de recortes, e unha serie de iniciativas lexislativas que están xa producindo un considerable deterioro na educación dos nosos fillos e fillas; pensamos que é a nosa responsabilidade como pais e nais apoiar os movementos de reacción a estas políticas, e tentar preservar o dereito á educación de todos os que veñen detrás.

Fronte ós que dirán que non se pode facer nada, pensade que os gobernos só se moven pola presión do electorado, que somos nós: Acudide este xoves, está en xogo a educación dos nosos fillos.

Advertisements