Ferramentas educativas TIC na casa para preescolar por cero euros

¿Tedes un ordenador obsoleto na casa e pensábades desfacervos del?. Se tedes un neno/a podedes darlle unha nova vida ó ordenador como ferramenta educativa por cero euros.

No meu caso teño un portátil totalmente obsoleto que decidín reaproveitar instalando un Sistema Operativo de Software Libre basado en Linux e que ten unha interface de escritorio moi sinxela totalmente apto para novatos en Linux.  A versión escollida foi Ubuntu 12.04 xa que é unha versión con soporte técnico extendido o que significa que ten soporte durante 5 anos dende a súa liberación en 2012.

Se o ordenador ten poucos recursos (procesador, memoria RAM), podemos optar por una versión de Ubuntu con un entorno de escritorio máis lixeiro como Xubuntu ou Lubuntu. Este último é o que menos recursos necesita pero tamén e o que ten un aspecto menos agradable, aínda que totalmente funcional. Ubuntu, Xubuntu e Lubuntu comparten o mesmo núcleo e repositorios. O que os diferencia son o entorno de escritorio e as aplicación instaladas por defecto

A instalación de Ubuntu é moi sinxela (ó estilo windows), ainda que se temos un ordenador con poucos recursos é mellor instalar Xubuntu ou Lubuntu. Unha vez instalado o Sistema Operativo, o que fixen foi instalar o paquete educativo para preescolar de Edubuntuubuntu-edu-preschool”, un megapaquete que instala varias aplicacións educativas para nenos de ata 5 anos. Para instalalo, a forma máis sinxela é buscando “ubuntu-edu-preschool” no Centro de Software de Ubuntu.

Este megapaquete instala, entre outras, as seguintes ferramentas:

  • TuxPaint: Divertida e sinxela ferramente de dibuxo ó estilo paint de Windows pero moito máis orientada ós nenos xa que ten efectos de sonido, ferramentas “máxicas” e unha colección de sellos para que confeccionen a súas creacións.

  • Gcompris: Suite de 80 xogos educativos para nenos de 4 a 10 anos con distintos niveis de dificultade e distintos paquetes de idiomas. Ten un panel de administración para que os pais poidan configurar entre outras cousas os xogos accesibles polo neno:

    • Descubrimento dos periféricos do ordenador

    • Actividades de descubrimento (cores, sonidos, memoria…)

    • Puzles

    • Actividades recreativas

    • Matemáticas

    • Lectura

    • Experiencias

    • Estratexia

  • Mr. Potato: Versión dixital do xogo de Mr Potato con diferentes escenarios para experimentar.

Tamén instalei “Omnitux”, a preferida da miña filla ;-), outra suite con actividades moi sinxelas e con varios niveis de dificultade para nenos de ata 5 anos con divertidos efectos de son:

  • Manipulación do rato

  • Aprendizaxe

  • Asociacións

  • Memorizar cartas

  • Rompecabezas

  • Diferencias

  • Números

  • Letras

  • Arte

  • Xeografía

Para os que non queiran complicarse a vida, existe a distro Edubuntu, unha variante de Ubuntu especialmente orientado á educación libre de nenos de todas as idades que xa ben cos paquetes preinstalados para todas as idades.

O último paso será experimentar e que o neno/a xogue supervisado por un adulto e sempre un tempo prudencial.

Advertisements