Este venres 14 de xuño: Festa Fin de Curso

 

Finaliza o curso e coma sempre, a ANPA Fontela organiza unha Festa do Verán para toda a comunidade educativa. Será este venres 14 xuño.

Como o ano pasado, a ANPA aportará un pequeno xesto ecolóxico nesta festa, propoñéndovos empregar os ecovasos  reutilizables que teremos disponibles. (Prezo: 1 euro, reembolsable se devolvedes o ecovaso).


Pero se tedes o vaso do ano pasado, traédeo!

Animádevos!! Vinde participar desta tarde de convivio!!!

E vinde brincar cos novos xogos de chan pintados, nas pasadas semanas, polas familias coa organización da ANPA, dentro do proxecto Patio en reformas.

Agardámosvos!!!

 

Advertisements

Programa Melibea: cuarta sesión

desde o Departamento de Educación e Cidadanía do Concello ofértase aos centros educativos da cidade que o desexen o programa de Educación Afectivo Sexual – Programa “Melibea”.

O próximo xoves 13 de xuño impartirase a CUARTA sesión para as familias sobre “Educación sexual das crianzas”.

As crianzas poderán participar de balde, do servizo de Ludoteca. Soamente tedes que reservar praza enviando un correo electrónico á dirección anpafontela@gmail.com, indicando nome, apelidos e idade das crianzas, xunto co nome da persoa de contacto.

 

Este xoves: “O xogo filial”

 

No marco das actividades propostas pola ANPA para este ano, e subvencionadas pola Deputación da Coruña, aberta a toda a comunidade educativa, o xoves, 20 de decembro, ás 16.30h, na Biblioteca do CEIP das Fontiñas, haberá unha merenda-conversa na que Fátima Bermejo, mamá deste CEIP, conduciranos a unha reflexión activa sobre a comunicación afectiva entre persoas adultas e crianzas, e sobre o significativo papel do xogo para a creación de vínculos seguros.

Mentres participamos na merenda-conversa e compartimos un café, as nenas e os nenos poderán participar ou dispor, sen custo, do servizo de Ludoteca. Soamente tedes que reservar praza, indicando nome, apelidos da crianza, curso e persoa de contacto en anpafontela@gmail.com  antes do mércores 19 de decembro.

Preparando o verán: Programa Municipal Conciliación

Abriuse o prazo de inscrición dunha nova edición do Programa Municipal de Conciliación de Verán, que se desenvolverá no período de vacacións escolares no CEIP Raíña Fabiola e no CEIP As Fontiñas.

A inscrición estará aberta ata o xoves 31 de maio. 
O Programa Municipal de Conciliación Escolas de verán está dirixido a nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria de Santiago (ambos os dous inclusive). As actividades realizaranse os días 22, 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño; todo o mes de xullo (agás sábados, domingos e festivos) e os días 3, 4, 5, 6 e 7 de setembro. No caso de xullo, os pais e nais poden optar por algunha das catro quendas do mes. Tamén é posible escoller días soltos.
O horario máximo será de 7:45 a 16:00 horas. Haberá un servizo de madrugadores (aula matinal) con almorzo de 7:45 a 9:00 horas, mentres que os obradoiros e actividades desenvolveranse de 9:00 a 14:00 horas. A continuación, existe a opción de facer uso do servizo de comedor de 14:00 a 16:00 horas.
Máis información e a FICHA DE INSCRICIÓN podedes atopala en: