COMEDOR E MADRUGADORES

Os servizos de comedor e madrugadores para o CURSO 2018/2019 son xestionados polo Concello de Santiago de Compostela a través dunha empresa concesionaria que é SERUNION (info de interese para as familias). A coordinadora de Madrugadores e Comedor do noso centro é CATARINA CAÑA 638 261 536

No CEIP das Fontiñas hai un Representante e unha Comisión de Comedores que é a que se encarga de velar porque o servizo sexa o mellor posible e que as condicións da concesión se cumpren. Tamén hai un representante de pais e nais do noso colexio, podedes contactar a través de: comedor.ceip.fontinhas@gmail.com. 

 

HORARIOS DO SERVIZO

Madrugadores: dende as 7:30h ás 9:15h

Comedor: dende as 13:45h ás 16:30h

 

As familias que teñan solicitado bolsas de comedor deben poñerse en contacto, para calquera asunto relacionado con este particular, co Departamento de Benestar Social no teléfono 981 54 24 65 ou no correo electrónico: psociais.diversidade.saude@santiagodecompostela.gal

ALTA E BAIXA DO SERVIZO

Se queres darte de alta no servizo tes que cubrir o impreso de matrícula  e presentalo a través do Rexistro Xeral do Concello e, ademais, comunicarllo á empresa Serunion antes do día 25 do mes anterior.

 Calquera baixa ou modificación do Servizo hai que comunicarlla a Serunion antes do día 25 de cada mes.

Se non ides usar o servizo durante un día ou máis, debedes avisar para que non se cobre. O requisito é que o comuniquedes o día lectivo anterior antes das 20:00h., a este enderezo electrónico: preaviso.concellodesantiago@serunion.com.

MENÚ ESCOLAR

Podedes consultar a información que da o Concello de Santiago sobre a empresa e os servizos na seguinte ligazón: http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=14747&lg=gal

Nesta web están todos os menús mensuais e outros elaborados para datas sinaladas.

PARA MÁIS INFORMACIÓN OU CALQUERA DÚBIDA

DATOS DE CONTACTO DO CONCELLO:

Departamento Educación e Cidadanía Edificio CERSIA Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n – San Lázaro

Tfnos.: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511

Email: dptoeducacion@santiagodecompostela.gal

http://www.santiagodecompo1537187466INFORMACION__XERAL_PARA_AS_FAMILIAS_2018-19stela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=14747&lg=gal

DATOS DE CONTACTO DE SERUNIÓN

www.serunion-educa.com

Teléfono: 881 550 110

Correo electrónico: comedores@serunion.elior.com

 

 

 

 

Advertisements

Deixe un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s