A LOMCE esquece a creatividade

SABÍAS QUE…
… a creatividade e o ensino das disciplinas artísticas case que vai desaparecer das nosas escolas?

mans

Entre os cambios máis destacables da nova lei de educación, a LOMCE, atópanse os cambios relativos aos contidos dos curriculums das diferentes etapas educativas, que semellan levarnos a un modelo de ensino que favorece a acumulación de coñecementos conceptuais aumentando, por exemplo, o peso das asignaturas de língua e matemáticas fronte a “materias que distraen” en palabras do propio ministro Wert.

Neste sentido, na LOMCE a educación artística e a música pasan a ser consideradas asignaturas específicas, de caracter optativo, polo que dependerán da regulación e da oferta que estableza cada administración educativa ou cada centro, co que a lei deixa a porta aberta a que o alumnado nen sequera teña a posibilidade de escoller estas asignaturas durante a súa etapa de educación obrigatoria.

Ademáis resulta tamén significativo como no currículum básico de Primaria, recentemente aprobado algúns meses despois da aprobación da LOMCE, no apartado de definición de competencias o que antes eran “Competencia cultural e artística” pasa a chamarse “Conciencia e expresións culturais”, semellando querer relegar as disciplinas artísticas.

CHARLA INFORMATIVA

DATA: 19 de maio de 2014

HORA: 19.00

LUGAR: CEIP das Fontiñas, Rúa Roma 21 – Santiago de Compostela

POÑENTE: Victor Santidrián Arias (prof. do IES de Arzúa)

NOTA: Haberá servizo de ludoteca a cargo da ANPA para os nenos e nenas asistentes

Advertisements

A LOMCE e as “traxectorias flexibles”

SABÍAS QUE…

… o que a nova lei chama “flexibilización das traxectorias” dos e das estudantes vai supoñer apartar sen retorno a moitos deles?

 

Foto: Guillermo Sanz

Foto: Guillermo Sanz

 Un dos elementos que a lei considera positivos para a mellora da calidade do sistema educativo é a “flexibilización de traxectorias” de xeito que cada estudante poida escoller aquela que máis se adapte ás súas capacidades e aspiracións.

 Pero o certo é que no desenvolvemento da lei, esta flexibilización de traxectorias o que fai é obrigar aos estudantes a adiantar decisións sobre a escolla do seu futuro académico e, aínda máis perigoso, acaba introducindo impedimentos para volver dunha traxectoria a outra. É dicir, as traxectorias flexibles da LOMCE convírtense en elementos de segregación do estudantado.

CHARLA INFORMATIVA

DATA: 19 de maio de 2014

HORA: 19.00

LUGAR: CEIP das Fontiñas, Rúa Roma 21 – Santiago de Compostela

POÑENTE: Victor Santidrián Arias (prof. do IES de Arzúa)

NOTA: Haberá servizo de ludoteca a cargo da ANPA para os nenos e nenas asistentes

A LOMCE xa está aquí

SABÍAS QUE…

… dentro de poucos meses (setembro) os nenos e nenas que comecen 1º, 3º ou 5º de Primaria van ser os primeiros en sufrir a LOMCE?

Imaxe

O pasado 10 de decembro de 2013 publicábase no BOE a Lei Organica para a Mellora da Calidade Educativa, a LOMCE, tamén coñecida como “Lei Wert” en referencia ao actual ministro de Educación.

Tanto o seu proceso de elaboración, no que practicamente non se tivo en conta á comunidade educativa, como o seu contido, que supón cambios de enorme envergadura no modelo educativo, teñen sido moi polémicos e moi contestados por unha ampla parte da sociedade.

O calendario de aplicación da Lei establece o curso escolar 2014-2015 como o punto de partida de aplicación da Lei e a posta en funcionamento de boa parte das súas novidades. E van ser os alumnos que cursen 1º, 3º e 5º de Primaria os primeiros aos que a LOMCE lles afecte directamente, os primeiros en sufrir as súas consecuencias.

Para informarnos sobre a LOMCE, as súas novidades e os seus efectos directos sobre os nosos rapaces e rapazas, a ANPA Fontela, en colaboración co noso centro escolar, organiza unha charla informativa sobre a LOMCE.

CHARLA INFORMATIVA

DATA: 19 de maio de 2014

HORA: 19.00

LUGAR: CEIP das Fontiñas, Rúa Roma 21 – Santiago de Compostela

POÑENTE: Victor Santidrián Arias (prof. do IES de Arzúa)

NOTA: Haberá servizo de ludoteca a cargo da ANPA para os nenos e nenas asistentes

 

Mobilización contra a LOMCE

Concentracións do día 31 contra a Lei Wert

Mobilización contra a LOMCE

Lembrámosvos que o proximo xoves 31 de xaneiro, ás sete e media, na praza do Toural, concentrarémonos, por chamado da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, para rexeitar de novo publicamente o proxecto da nova lei de educación, a chamada Lei Wert.

Semella que son moitas concentracións, e que non serven para nada, pero non é verdade; o que non serve para nada é quedar na casa e que outros decidan.

Manifestámonos polo futuro dos nosos fillos, non hai mellor motivo.