Reunión sobre o Servizo de Comedor este xoves

Este xoves, 8 de febreiro ás 16:30h, na Biblioteca do CEIP das  Fontiñas a ANPA convoca unha reunión cos usuarios de comedor con esta orde do día.
Lembrade que para aquelas familias que o necesiten, a ludoteca que organiza a ANPA estará á súa disposición de balde durante o horario da reunión. Se queredes utilizar este servizo, mandádenos un correo electrónico a anpafontela@gmail.com (con asunto “Reunión comedor”) co voso nome, un teléfono de contacto e o número e idade das crianzas que vaian ir á ludoteca.
Advertisements

SITUACIÓN DOS PROXECTOS DA PASARELA E DO NOVO COMEDOR

A Asociación de Nais e Pais Fontela do Colexio de Educación Infantil e Primaria das Fontiñas (ANPA Fontela) en Santiago de Compostela quería pedirvos que lle dediquedes uns minutos, se vos presta, a ler un pequeno resumo dos pasos dados nos últimos anos dende a asociación para solicitar unha pasarela de comunicación entre o Edificio de Educación Infantil e o de Primaria, así como a construción dun comedor para o noso Centro. O proxecto de comunicación de ámbolos dous edificios que compoñen o colexio de Fontiñas, e da construción dun novo comedor escolar parte dunha solicitude da ANPA Fontela ante as necesidades de seguridade e de espazo e foi levada ao Consello Escolar e asumida como propia por toda a Comunidade Educativa.

 

No curso escolar 2014-2015 a ANPA Fontela, coa colaboración do equipo directivo do centro escolar, iniciou a campaña “Non deixes que se mollen” cuxo obxectivo principal é demandar das administracións solucións ó grave problema de seguridade no traslado dos nenos e nenas entre os edificios de infantil e primaria do colexio, xa que os pequenos e pequenas de 3,4 e 5 anos saen todos os días do recinto escolar para ir, camiñando por unha zoa descuberta,  ás aulas habilitadas provisionalmente coma comedor atravesando un tramo de vía pública para chegar ata ao edificio principal. Nesta campaña fixéronse diversas concentracións reivindicativas,  recolléronse máis de 700 sinaturas entre as familias de Fontiñas e solicitouse por escrito ao Concello de Santiago de Compostela a solución desta problemática.

 

Esta campaña continuou durante o curso 2015-2016 por petición dos pais e nais do colexio de Fontiñas expresado nas varias reunións ordinarias e extraordinarias de asociados da ANPA Fontela. Como consecuencia, en setembro do 2015, nunha reunión da ANPA Fontela coa Concellería responsable en educación trasladóusenos o compromiso de estudar a proposta da campaña e o interese en cumprir as pretensións das familias e o equipo directivo do CEIP das Fontiñas.

No mes de outubro dese ano a directiva da ANPA Fontela tivo unha reunión con Jorge Duarte, Concelleiro de Espazos Cidadáns, para lembrarlle a existencia da campaña, falar sobre a viabilidade de tramitar un cambio de uso urbanístico do espazo verde intermedio entre os edificios dos colexios de infantil e primaria, e da posterior cesión dese espazo á Xunta de Galicia para a realización do proxecto. Nesta reunión e en posteriores comunicacións informais co Concelleiro indicóusenos que se estaba tramitando o expediente de cambio de uso urbanístico  dos terreos, como primeiro paso que permitiría chegar á construción da estrutura deseñada.

En distintos medios de comunicación como “La Voz de Galicia” ese mesmo ano saíron distintas novas sobre este tema no que se indica que: “Xunta y Concello valoran el nuevo proyecto de comedor escolar en Fontiñas. El nuevo proyecto para acondicionar un comedor en el colegio público de Fontiñas supondrá ganar dos plantas de 280 metros cuadrados cada una, en total 560 metros cuadrados. Así, además de tener un comedor más amplio para atender las necesidades del centro, se ganarían dos espacios para dar solución a otras actividades educativas. Jorge Duarte, edil de Espazos cidadáns, y Manuel Dios, concejal de Educación, lo expusieron recientemente a la dirección del colegio; y Manuel Dios también lo presentó a la Consellería de Educación […]”

 

No curso pasado 2016-2017 na asemblea extraordinaria da ANPA do 15 de maio asistiron o Concelleiro responsable de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e o Concelleiro de Educación e Cidadanía, Manolo Dios, no que informaron sobre o plan de obras e a previsión de que fosen realizadas neste ano 2017.

Despois desta asemblea, ante algunhas novas contraditorias sobre a consecución destas obras, ante a carencia de respostas oficiais, a proximidade do período de vacacións e actuando conxuntamente coa Dirección do colexio, a ANPA xunto coa Directora decidiu realizar un escrito solicitando, conxuntamente, información explícita sobre as obras prometidas e o seu calendario de actuación. 
Dito escrito foi presentado por rexistro o día 26 de xuño e foi dirixido tanto aos responsables das obras do Concello de Santiago como os responsables da Xefatura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Despois da presentación deste escrito mantivéronse varias reunións nas que, a priori, se chegara a un acordo entre a Xunta e o Concello para realizar as obras solicitadas. A Xunta realizaría as obras do comedor e as partes da pasarela que están dentro do recinto escolar e o Concello realizaría as obras da pasarela en espazo público. Dende o Concello comprometéronse coa Comunidade Educativa para realizar melloras no colexio (reformas muro, parque infantil, vinilo en aulas…) no verán e comezar as obras da pasarela antes de Nadal do 2017. Por parte da Xunta non chegamos a ningún acordo verbal ou escrito para asegurar as obras do comedor de momento. Aquí van varias novas nas que se poden ver as obras realizadas ate o momento e os compromisos do Concello.

 

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=16404&lg=cas

 

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/obras-estaran-listas-inicio-curso-dios-pone-medalla/idEdicion-2017-08-31/idNoticia-1071251/

 

O 15 de novembro os Concelleiros de Educación (Manolo Dios) e o Concelleiro de Espazos Cidadáns (Jorge Duarte) achegáronse ao centro xunto co arquitecto que deseñou a pasarela, para explicarlle á Comunidade Educativa a situación do proxecto e os tempos estimados de execución das obras. Pediron desculpas pola demora nas mesmas, pero aseguraron que no prazo de 3 meses terían todos os permisos pertinentes para comezar as obras en primavera. Tamén falaron dunha segunda fase para o vindeiro ano para cubrir o espazo entre os dous edificios e así facer unha zona cuberta de uso privado no tempo da escola e público o resto do día. Esta solicitude foi unha iniciativa veciñal nos orzamentos públicos e participativos do Concello. Deixaron copia en tamaño grande dos planos da obra para expoñelo (está actualmente exposto na entrada de infantil). A maiores, nós axuntamos un arquivo co mesmo.

 

Dende a directiva da ANPA pensamos que debemos seguir solicitando ás administracións  solucións ás demandas da comunidade. Por todo isto, consideramos que agora é o momento de seguir solicitando á Xunta unha reunión para que nos expliquen o proxecto e os prazos de execución do comedor.

ABERTO PRAZO COMEDOR E MADRUGADORES

Ata o 23  de xuño de  2017  está aberto o prazo de solicitude de reserva de praza e matrícula nos Servizos de Comedor e/ou de Madrugadores para o curso 2017-2018  en calquera dos seguintes centros de educación infantil e primaria públicos de Compostela: Apostólo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só no servizo de madrugadores.

O impreso de solicitude de matrículadebidamente cuberto entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) nos prazos establecidos. Neste momento do proceso NON é necesario achegar ningunha outra documentación. O modelo tamén poderá descargarse da páxina web do Concello de Santiago de Compostela http://www.santiagodecompostela.gal <http://www.santiagodecompostela.gal/> , ou solicitalo no Departamento de Educación e Cidadanía (Edificio CERSIA, Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n), así como nos centros de ensino obxecto desta convocatoria.

 

Unha vez completado o proceso administrativo coa adxudicación do  contrato,  procederase á  publicación da listaxe de admitidos e excluídos  no servizo de comedor e madrugadores. Para facer efectiva a alta no servizo de comedores e de madrugadores, será requisito imprescindible achegar cuberto e asinado  o impreso de domiciliación bancario que lle será facilitado polo concesionario do servizo.

Non poderán facer uso de xantar e almorzo os usuarios con recibos impagados de cursos anteriores.

 

Máis INFORMACION PROCESO MATRICULA.

ENQUISA SOBRE O SERVIZO DE COMEDORES

cuestionario_comedores escolares_cartaz.jpg

A semana pasada repartimos entre o alumnado do colexio un cuestionario que elaborou a Federación das ANPAS de Compostela coa intención de coñecer a vosa opinión sobre o Servizo de Comedores e sobre o Modelo de Comedores que vos gustaría ter para as vosas fillas e fillos.
Non é necesario que o alumnado sexa usuario do Servizo para cubrir o cuestionario, todo o contrario, queremos ter unha visión o máis xeral e ampla posible.
Unha vez cuberto podedes:
–  depositalo na urna que está na mesa do lado da conserxería en Primaria,
–  deixalos na conserxería de infantil, ou
–  entregalo no local da ANPA (se non sabedes, preguntade ao conserxe onde está)
Finalmente, coa intención de atender as vosas conultas ao respecto, estará Luis (representante das nais e pais dos usuarios do servizo de comedor) no hall do Colexio o martes, mércores e xoves da semana que vén, de 16 a 16:45 h. Lembrade que o prazo para entregalo remata o venres da semana que vén.
Pedimos e agradecemos a vosa colaboración, a de todas e todos.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO COMEDOR

O pasado mércores 2 de novembro tivo lugar a reunión sobre o servizo de comedor no CEIP de Fontiñas convocada pola empresa SERUNION (adxudicataria do servizo de comedores e madrugadores no CEIP de Fontiñas).
Nesta reunión, SERUNION comentou que o próximo mércores, 9 de novembro realizarase unha xornada de portas abertas que consiste en que un grupo de pais e nais poidan acudir ese día a xantar cos nenos e nenas ás 14:00h. O obxectivo desta xornada é que as familias poidan ver como se xestiona este servizo e comprobar a calidade e a atención que se lle presta ás nosas crianzas.
A comisión de comedores da ANPA Fontela será a encargada de comunicar a SERUNION o nome das persoas que acudirán a esta xornada. Polo que, os pais ou nais que desexen acudir este día deberán escribir un correo electrónico ao enderezo electrónico da comisión de comedores: comedor.ceip.fontinhas@gmail.com
A data límite para apuntarse a esta xornada é o martes día 8 de novembro ata as 15:00h. En caso de que a demanda para asistir á xornada sexa maior que o número de prazas para ese día, adxudicarase pola orde de chegada da petición de inscrición. De todas formas, SERUNION mostrou a súa dispoñibilidade para que neste caso, se convoque un día máis de portas abertas.
Para máis información do servizo de comedores podedes consultar:
e para máis información sobre a comisión da ANPA Fontela podedes consultar: