Obradoiro de Radio: aínda quedan prazas!


Mañá, a partir das 16:30h na biblioteca do CEIP das Fontiñas
, a ANPA Fontela organiza un obradoiro de Radio aberto á toda a comunidade educativa, adulta e miúda.

Aíndan queda algunha plaza para o obradoiro de Radio de mañá, animádevos a participar!!!

Podedes inscribirvos previamente a través do seguinte formulario:
Para calquera dúbida ou anulación de inscrición podedes poñervos en contacto no email anpafontela@gmail.com

Reunión sobre o Servizo de Comedor este xoves

Este xoves, 8 de febreiro ás 16:30h, na Biblioteca do CEIP das  Fontiñas a ANPA convoca unha reunión cos usuarios de comedor con esta orde do día.
Lembrade que para aquelas familias que o necesiten, a ludoteca que organiza a ANPA estará á súa disposición de balde durante o horario da reunión. Se queredes utilizar este servizo, mandádenos un correo electrónico a anpafontela@gmail.com (con asunto “Reunión comedor”) co voso nome, un teléfono de contacto e o número e idade das crianzas que vaian ir á ludoteca.

CONCILIACIÓN DO NADAL

Aberto o período de inscrición para o Programa Municipal de Conciliación do Nadal 2017-2018O prazo remata o 11 de decembro. Ofrécese un total de 100 prazas, que serán outorgadas por orde de inscrición. As actividades realizaranse novamente no CEIP Raíña Fabiola e no CEIP As Fontiñas.

A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4). Haberá que cubrir a ficha de inscrición (tamén dispoñible na web do concello http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=16763 ou no propio Rexistro). A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

O programa está dirixido a nenos e nenas cunha idade entre os 3 e os 12 anos, empadroados no Concello de Santiago ou que estean matriculados nun dos centros de infantil e de primaria da cidade. As actividades desenvolveranse os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017, e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018.

  • Modalidades e descontos

Este programa de conciliación ofrece diferentes posibilidades para as familias, que poden escoller entre catro modalidades: completa, de 7:45 a 16:00 horas, con servizo de madrugadores, almorzo, comedor e actividades; de madrugadores con almorzo e actividades, dende as 7:45 ás 14:00 horas; de comedor con actividades, de 9:00 ás 16:00 horas; e de só de actividades, de 9:00 a 14:00 horas. Poderanse escoller tamén días soltos.

Os prezos dependerán da modalidade elixida, con descontos do 20% nos prezos sempre que acrediten ser familia numerosa e que participen dous irmáns da mesma familia. Así, por exemplo, o programa completo, de 9 días en total, ten un prezo de 179,19 euros, pero co desconto quedaría en 143,28 €. Por día solto, o prezo é de 22,50 € (18 € co desconto).

No caso das familias con escasos recursos estableceranse reducións do 50% ou do 100%. Para optar a estas reducións, as familias deberán contar co informe previo do Departamento de Servizos Sociais, que será o que determine a porcentaxe de desconto a aplicar.

  • Máis información aquí e no Departamento de Educación e Cidadanía (Edificio CERSIA, Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n-San Lázaro) Tfnos.: 981 554 400/401 Fax: 981 571 511. Email: dptoeducacion@santiagodecompostela.gal

IRIÑA BAILARIÑA