Hoxe asemblea ANPA

Ola familias,

lembrade que esta tarde haberá asamblea extraordinaria da ANPA Fontela

HORA: 16:30h en primeira convocatoria e 17:00h en segunda convocatoria 

LUGAR: Biblioteca CEIP Fontiñas

Acudirá á asemblea  o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para falar sobre o proxecto da pasarela e a ampliación do comedor e aclarar as dúbidas que poidamos ter.

Polo que a orde do día queda:
•Presentación
•Últimos datos sobre a pasarela entre infantil e primaria e ampliación do comedor (Concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios).
•Aprobación da acta da pasada asemblea extraordinaria.
•Recentes incorporacións á ANPA
•Plan de convivencia no CEIP As Fontiñas
•Proposta de actividades para o próximo curso
•Rogos e preguntas

Por último, indicarvos que para aquelas familias que o necesiten, a ludoteca que organiza a ANPA estará á súa disposición de balde durante o horario da asemblea. Agradeceríamos que se queredes utilizar este servizo, nos mandedes un correo electrónico á anpafontela@gmail.com (con asunto “Asemblea 15 de maio”) co voso nome, un teléfono de contacto e o número e idade d@s nen@s que vaian ir á ludoteca.

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA O 15 DE MAIO

O próximo luns, 15 de maio, celebramos unha Asemblea extraordinaria.
Hora: 16:30 en primeira convocatoria e 17:00 h. en segunda convocatoria.
Lugar: Biblioteca do CEIP das Fontiñas

ORDE DO DÍA:

  •     Recentes incorporacións á ANPA
  •     Plan de convivencia no CEIP As Fontiñas
  •     Últimos datos sobre a pasarela entre infantil e primaria e ampliación do comedor
  •     Proposta de actividades para o próximo curso
  •     Rogos e preguntas

Para aquelas familias que o necesiten, a ludoteca que organiza a ANPA estará á súa disposición gratuitamente durante o horario da asemblea.

ANPA FONTELA ten nova directiva

Con moita ilusión a ANPA FONTELA do CEIP das Fontiñas inicia nova etapa cun novo equipo directivo e novos Estatutos ANPA Fontela 2017
As familias temos un gran papel na vida cotiá do colexio, xunto co alumnado e profesorado. Queremos convidar a todas as nais e pais dos cativos da escola a participar con nós.
Animádevos!
Podedes participar:
-Acudindo ás asambleas para escoitar e achegar a vosa opinión sobre os temas que tratemos
-Asistindo ás actividades organizadas no cole (charlas, obradoiros…)
-Propoñendo ideas, inquedanzas, desexos ou achegándonos calquera tema que desexedes a través deste blog, a través do buzón que temos na porta do local da ANPA ou a través do correo electrónico
-Axudar na organización de actividades co grao de implicación que cada quen guste de ter
Agradecemos enormemente a vosa colaboración e participación nas iniciativas!

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

O próximo xoves, 16 de marzo ás 16:30h en primeira convocatoria e ás 17:00h en segunda, na Biblioteca do CEIP das Fontiñas, convocamos a todos as familias asociadas da ANPA Fontela a unha  Asemblea extraordinaria.
A orde do día será a seguinte:
  1.     Aprobación de modificación dos estatutos
  2.     Modificación de cargos da directiva actual
  3.     Presentación de novos cargos
  4.     Plan de convivencia no CEIP das Fontiñas
  5.     Comisións de recente creación
  6.     Relación de actividades levadas a cabo durante o curso 2016-2017
  7.     Folgas no Ensino Público. Xestión das actividades extraescolares.
  8.     Rogos e preguntas.
A orde dos puntos a tratar pódese modificar en función da dispoñibilidade dos membros da directiva.
Por último, indicarvos que para aquelas familias que o necesiten, a ludoteca que organiza a ANPA estará á súa disposición de balde durante o horario da asemblea. Se queredes utilizar este servizo, podedes mandarnos un correo electrónico a anpafontela@gmail.com (con asunto “Asemblea 16 de marzo”) co voso nome, un teléfono de contacto e o número e idade d@s nen@s que vaian ir á ludoteca.

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA O 16 DE MARZO

Como xa adiantamos na pasada asemblea ordinaria da ANPA Fontela (no mes de setembro), neste curso faise necesaria unha renovación da directiva desta asociación xa que para algúns dos seus membros este será o último ano formando parte da comunidade educativa do colexio CEIP das Fontiñas.

Entendendo que é necesaria unha reunión extraordinaria para conformar a nova directiva, queríamos aproveitar a xuntanza para aprobar unha renovación dos nosos estatutos e axeitalos ás necesidades que require a actual educación das nosas crianzas.

Para todo iso, queríamos pedir a vosa colaboración. Adxuntamos aquí o documento dos estatutos coas modificacións que queríamos engadir desde a actual directiva e convidámosvos a que aportedes as vosas opinións sobre estas ou outras suxestións e aportacións que queirades achegar.

xoves 16 de marzo convocámosvos para unha reunión extraordinaria no que se incluirán, alomenos, estes dous puntos: a renovación da directiva e os cambios nos estatutos da ANPA Fontela.

Para calquera dúbida ou aportación, non deixedes de escribirnos ao enderezo electrónico anpafontela@gmail.com.

Animádevos a participar!!!

estatutos-anpa-fontela_modificacion marzo 2017