EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO – AS FRAGAS DO EUME – O PASATEMPO DE BETANZOS

Excursión Anpa xuño 2015

Ola a todas e todos: como sabedes, cada ano a Anpa organiza unha excursión de fin de curso, combinando na saída un entorno san, fermoso, lúdico e cultural. A excursión deste ano será ás Fragas do Eume e ó Parque do Pasatempo de Betanzos. Lugares de gran interese que non se deben deixar sen visitar e que sen dúbida gusta repetir.

A excursión ás Fragas do Eume e a Betanzos será o domingo 14 de xuño.

O programa deste ano é:

Día 14 de xuño de 2014 :

  • Saída dende o colexio en autobús ás 9h. horas.
  • Chegada á Capela ás 11:00. Cun guía iremos a pé dous quilómetro polo corazón das Fragas,seguindo a ruta Ventureira onde o guía nos amosará a peculiaridade e riqueza da súa flora e fauna.
  • 12:15 visita ao mosteiro de Caaveiro.
  • 12:45 visita ao muiño do río Sesín e baixada ao río Eume.
  • 14:00h. : xantar ao aire libre. Levaremos a nosa comida para xantar xuntos.
  • Voltaremos para sair cara Betanzos sobre as 16:00h.
  • 16:30h. chegada ao pasatempo de Betanzos. Pódese quedar libremente no Pasatempo ou facer unha visita tamén guiada ao casco histórico de Betanzos.
  • 20:00h saída dende o Pasatempo cara Santiago e chegada ao colexio ás 21:30h.

O que tedes que saber:

  • Tódolos *nenos e nenas* que se apunten teñen que vir *cun adulto/a/s* que se responsabilice deles.
  • A roupa e calzado deben ser axeitados á actividade, sen esquecer unha gorra e un chuvasqueiro.
  • Para o xantar ao aire libre *cada quen ten que levar a súa comida e bebida*.
  • Xunto o mosteiro hai unha taberna.
  • O prezo da excursión é de 4 euros cada adulto, 2 euros @ primeir@ nen@ e 1 euro por cada un/ha d@s seguintes.
  • No prezo está incluído o autobús e os guías.
  • As prazas adxudicaranse por orde de chegada das inscricións ata que se enchan os autobuses. A efectos de establecer esa orde, as inscricións presentadas en papel, que recolleremos pola tarde de cada día, considerarémolas recibidas ás nove da mañá.
  • Nas solicitudes presentadas o día no que se rematen as prazas dispoñibles terán prioridade as/os socias/os da Anpa.
  • O importe da excursión cargarásevos na vosa conta corrente; se sodes socios e non dicides outra cousa utilizaremos a mesma conta na que se vos cobrou a cota de socio; se non sodes socios tedes que nos facilitar un número de conta no mesmo correo ou escrito no que vos preinscribades.
  • Importante: para inscribirse debedes mandar un correo, CO ASUNTO “EXCURSIÓN FIN DE CURSO” a *anpafontela , indicando nome apelidos e DNI dos adultos (imprescindible para preinscribirse) e nome e apelidos dos nenos-as, e número de c/c se non sodes socios-as.
  • Tamén se pode deixar os datos nun sobre no centro dirixido ao local da Anpa
  • NON SE ADMITEN INSCRICIÓNS NIN RESERVAS POR TELÉFONO
  • No caso de previsión de forte choiva, anularase a excursión e reintegrarase o importe abonado.

O PASATEMPO DE BETANZOS

Betanzos está situado na confluencia dos ríos Mendo e Mandeo, na provincia de A Coruña. Foi unha das sete capitais do Reino de Galicia. O casco histórico deste municipio foi declarado Conxunto de interese Histórico Artístico no 1970, sendo actualmente a praza dos irmáns García Naveira o seu centro neurálxico.

Os irmáns García Naveira foron dous emigrantes betanceiros que fixeron fortuna en América. Impulsaron diversas obras benéficas e actividades para favorecer o acceso á cultura, á educación e á sanidade na súa terra natal, como escolas municipais, un sanatorio ou un refuxio para nenas discapacitadas.

Juan García Naveira fixo construír un parque enciclopédico con fins didácticos para que os veciños de Betanzos, especialmente os escolares, tiveran acceso á cultura e ás últimas tecnoloxías da época. Así, tan xenerosamente, foise plasmando todo o que o seu creador foi coñecendo nas súas viaxes polo mundo.

Ao mesmo tempo supoñía un xeito de proporcionar emprego a uns douscentos traballadores da zona.

A execución do Parque do Pasatempo comezouse en 1893 e rematouse en 1914. Tiña inicialmente unha extensión de 90.000 metros cadrados e figuraba nas mellores guías de viaxes da época. Tan magna obra quedou no esquecemento trala morte do seu creador, no 1933, durante a guerra civil, boa parte das esculturas foron utilizadas polos soldados como lugar de práctica de tiro. Tras anos de roubos, especulación e abandono, foi declarado Ben de Interese Cultural e Xardín Histórico(1981). O concello de Betanzos só puido recuperar unha décima parte do parque orixinal, aínda que o estado actual segue a ser moi mellorable.

O Parque do Pasatempo actual está dividido en dúas áreas: o parque moderno, cun estanque, un labirinto de arbustos, un auditorio ao aire libre e unha zona infantil, e o parque antigo.

No parque antigo é onde podemos imaxinar o esplendor de antano, aínda se poden ver as grutas, pasadizos subterráneos, o estanque do Retiro (na fonte está representada a Torre de Hércules), murais reproducindo medios de transporte como o aeroplano, o dirixible, o funicular, un buzo escafandrista, a pirámide de Keops e os relevos de Juan García Naveira e a súa familia a lombos de camelos, testemuña dunha viaxe a Exipto, o mural da España monárquica e as 18 Fillas Republicanas, unha homenaxe a Arxentina, os reloxos cos usos horarios mundiais, a mezquita de Mohamed Alí, elementos da mitoloxía e animais exóticos, un mirador presidido por un inmenso león. No nivel superior situábase o xardín botánico con especies dos cinco continentes.

Advertisements

Concurso de Postais de Nadal da Fundación USC Deportiva

Dende a Fundación USC Deportiva infórmannos da convocatoria da segunda edición do seu concurso de postais de nadal destinado aos rapaces e rapazas nados entre os anos 2002 e 2011.

A postal gañadora formará parte da tarxeta de nadal da Fundación USC Deportiva e o seu autor ou autora desfrutará dunha praza para o Verán CampUSC 2015.

O prazo para a presentación das postais remata o vindeiro 9 de decembro.

Podedes atopar máis información facendo clic aquí

Excursión ás Illas Cíes

Image

E chegou o día de irnos de excursión a Cíes e, desta vez cun marabilloso día de sol e calor.

A iso das nove da mañá saíamos de diante da escola os dous autobuses para chegarmos a Vigo contra as 10:15, e xa case sen tempo nin para pensalo a facer cola para subir ao noso barco “Pirata de Onza” que case que ocupabamos por completo os “Piratas das Fontiñas”.

O fresquiño de pola mañá no medio da Ría de Vigo fíxonos poñer as chaquetas, pero o mar coma un plato axudou a que non houbese mareos así que todos encantados coa viaxe no barco.

Ao chegar á Illa de Monteagudo (ou Illa do Norte) volveu a sensación de calor, algúns foron xa correndo á auga, outros á sombra e outros poucos a facer unha pequena ruta polo sur da Illa de Monteagudo e a Illa do Montefaro (as dúas illas principais, unidas pola fermosa praia de Rodas) ata chegar á Praia de Nosa Señora, unha auténtica preciosidade de praia con vistas á terceira illa do arquipélago, a de San Martiño ou Illa do Sur.

Despois diso, cada quen xantou como mellor lle pareceu, na area ao sol, na area á sombra, no pinar, … e logo viña por diante a tarde con máis sol, praia, auga e area.

Ás 19.30 zarpaba de novo o “Pirata de Onza” de volta cara a Vigo pero a festa non remataba, todos e todas a bailar sen parar na cuberta superior do barco, e despois de novo no autobus de regreso á casiña.

En resume, un día de excursión espectacular. Aí tedes algunhas fotiños

Excursión fin de curso organizada pola Anpa Fontela

Como todos os anos a Anpa organiza unha excursión  de fin de curso para disfrutar dun día de lecer xuntos cos nosos  nenos e nenas. Este ano  o destino escollido é as Illas Cíes  para o domingo  16 de xuño.

O programa deste ano é:

  • Saída dende o colexio en autobús ás 8.45h. horas.
  • Chegada a Vigo e subida no barco da empresa Nabia Naviera que nos levará ata as illas. (durante a viaxe contratamos os servizos de animacióncancións e bailes para  pequenos e maiores  no barco durante a travesía- e xogos  mais tarde na illa).
  • Chegada ás Illas Cíes: faremos unha pequena ruta de sendeirismo, sinxela e  apta para  todas as idades, a Ruta do Alto do Príncipe (1 hora 30minutos)/ 3km aprox. Dificultade media-baixa.

É unha das rutas mais cortas, pero tamén unha das vistas mais impresionantes dos cantís dende o Alto do Príncipe, un auténtico miradoiro natural ao borde dos cantís, onde se atopa a Silla da Raiña, unha especie de trono labrado de forma natural na pedra, despois de percorrer un camiño entre os piñeiros, ademais de deixar atrás o complexo dunar de Punta Muxieiro e a praia de Figueiras, onde fondeaban os submariños da II Guerra Mundial.

  • 14:15h: xantar ó aire libre. Levaremos a nosa comida  para xantar xuntos nalgún lugar agradable.
  • Realización de xogos en grupos cos monitores-as de Naviera.
  • 16.30h. tempo para ir a praia de Rodas.
  • Regreso 19.30 horas en barco á  Vigo e logo en bus ata Santiago e chegada ó colexio.

 O que tedes que saber:

  • Tódolos nenos e nenas que se apunten teñen que vir cun adulto que se responsabilice deles.
  • Para o xantar ao aire libre cada quen ten que levar a súa comida e bebida.
  • O prezo é de 8 euros por adulto, e 5 euros por neno para os socios da anpa (para os non socios son 15 euros por adulto e 8 euros por neno) (o prezo inclúe todos os gastos de transporte e animación)
  • As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, gardando sempre a preferencia d@s soci@s da anpa.
  • Para vos apuntar facede un ingreso na conta 0182 6103 73 0201519547 , no BBVA, a nome da Anpa, indicando “NOME E APELIDOS DO/A NENO/A”. Logo podedes mandar un correo a anpafontela@gmail.com ou chamar por teléfono ó 660 647 808 para dicir que persoas concretas veñen.

Programa municipal de conciliación “Semana Santa 2013”

Achegamos información sobre os campamentos de semana santa que organiza o Concello de Santiago de Compostela:

O Departamento de Educación do concello de Santiago organiza un programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Semana Santa 2013. Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP As Fontiñas, e destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago.

Prazo de matriculación: do 8 ao 15 de marzo de 2013 (ambos os dous inclusive).

Núm. máximo de prazas: 60

Inclúe servizos de comedor e de madrugadores.

Por rigoroso orde de inscrición no Rexistro do concello de Santiago.

Direccións relacionadas: