XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO COMEDOR

O pasado mércores 2 de novembro tivo lugar a reunión sobre o servizo de comedor no CEIP de Fontiñas convocada pola empresa SERUNION (adxudicataria do servizo de comedores e madrugadores no CEIP de Fontiñas).
Nesta reunión, SERUNION comentou que o próximo mércores, 9 de novembro realizarase unha xornada de portas abertas que consiste en que un grupo de pais e nais poidan acudir ese día a xantar cos nenos e nenas ás 14:00h. O obxectivo desta xornada é que as familias poidan ver como se xestiona este servizo e comprobar a calidade e a atención que se lle presta ás nosas crianzas.
A comisión de comedores da ANPA Fontela será a encargada de comunicar a SERUNION o nome das persoas que acudirán a esta xornada. Polo que, os pais ou nais que desexen acudir este día deberán escribir un correo electrónico ao enderezo electrónico da comisión de comedores: comedor.ceip.fontinhas@gmail.com
A data límite para apuntarse a esta xornada é o martes día 8 de novembro ata as 15:00h. En caso de que a demanda para asistir á xornada sexa maior que o número de prazas para ese día, adxudicarase pola orde de chegada da petición de inscrición. De todas formas, SERUNION mostrou a súa dispoñibilidade para que neste caso, se convoque un día máis de portas abertas.
Para máis información do servizo de comedores podedes consultar:
e para máis información sobre a comisión da ANPA Fontela podedes consultar:
Advertisements

A ANPA PRESENTA A COMISIÓN DE COMEDORES

Na xuntanza do pasado mércores 26 de outubro sobre comedores, a ANPA Fontela creou formalmente a comisión de comedores con un grupo de pais e nais do colexio CEIP de Fontiñas que dende o curso pasado e ata o de agora xa viñan exercendo de medio de comunicación entre o Concello de Santiago (entidade contratante do servizo de comedores e madrugadores), o CEIP de Fontiñas, a empresa adxudicataria (SERUNION), a Federación de ANPAS ‘Compostela’ e as propias familias usuarias dos servizos.

Esta comisión é un grupo aberto a todos aqueles pais e nais que queirades participar e colaborar para a mellora do servizo de comedores e madrugadores, ben aportando ideas ou participando en grupos de traballo cuxo obxetivo é promover a mellora da calidade do servizo.

Todas aquelas familias que queirades comunicarvos con esta comisión podedes facelo a través da conta de correo electrónico: comedor.ceip.fontinhas@gmail.com

Tedes máis información na seguinte dirección:
https://anpafontela.wordpress.com/comedor-madrugadores/

Recentemente membros desta comisión, xunto con representantes da Federación de ANPAS ‘Compostela’, tiveron unha reunión co alcalde e co concelleiro de Educación de Santiago de Compostela na que lle expuxeron a necesidade de traballar hacia un modelo no que cada colexio dispoña dunha cociña e persoal encargado de comprar productos frescos, de tempada e de proximidade e na que ademáis se teña en conta a función educativa do persoal que atende ás nosas crianzas usuarias. Nesta reunión todas as partes coincidimos nesta necesidade e mostramos a vontade de traballar nesa dirección. Con este fin, a comisión de comedores da ANPA quedou emprazada  a unha nova xuntanza que se celebrará para o mes que vén.

E por último, a ANPA acaba de coñecer, según información do concello, que se está traballando nun novo proxecto tanto para a modificación do comedor así como para o traslado dos nen@s, e do que esperamos que como promotores da iniciativa, tamén sexamos partícipes.

A ANPA CONVOCA UNHA REUNIÓN PARA FALAR DO SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES

reunioncomedores_26outubro2016
O próximo mércores 26 de outubro, ás 16:45h celébrase unha reunión na Biblioteca do CEIP das Fontiñas sobre o Servizo de comedores e madrugadores do colexio das Fontiñas.

Esta xuntanza está convocada pola Comisión de Comedores da ANPA Fontela que actualmente exerce de medio de comunicación entre o Concello de Santiago (entidade contratante do servizo), o CEIP de Fontiñas, a empresa adxudicataria (SERUNION) e as propias familias usuarias dos servizos.

Nesta reunión queremos que nos preguntedes dúbidas, nos traslades queixas, aportedes propostas que queirades trasladar sobre este servizo a SERUNIÓN ou ó Concello como entidade contratante, etc. Aparte disto, falaremos dos seguintes puntos:

1. Presentación e conformación da comisión de comedores que representa ás familias do CEIP das Fontiñas
2. Últimas informacións do Concello sobre o servizo de madrugadores e comedor. Información sobre a situación actual.
3. Onde se pode atopar información sobre os servizos de madrugadores e comedor?
4. Accións futuras.
5. Rogos e preguntas.