Situación actual da obra da pasarela

 Queremos informarvos dos últimos acontecementos relacionados co proxecto de obra da pasarela, aínda que seguramente xa estaredes ao tanto, moitos de vós a través da plataforma Facebook da ANPA.

Como ben sabedes, a comunidade educativa do CEIP das Fontiñas, vén reclamando desde hai anos unha pasarela que comunique, de modo seguro, os edificios de Infantil e Primaria.

Esta obra implica a varias Administracións Públicas. Por un lado, a obra en terreo municipal corresponde ao Concello e a obra dentro do recinto escolar corresponde á Xefatura Territorial – Xunta de Galicia.
             esquema da obra e a parte que realizaría cada unha das administración en distinta cor

Desde a ANPA, nestes anos, foron constantes as peticións ao Concello solicitando información sobre o estado deste proxecto, lémbrandolles que mentres non se executara esta obra, íamos seguir reclamando a solución ao grave problema de seguridade (o traslado pola vía pública) e salubridade (o traslado baixo as inclemencias meteorolóxicas) que supón diariamente que os nenos e nenas do CEIP das Fontiñas se trasladen de un edificio a outro para utilizar o servizo de madrugadores e comedor.

A pesar de que desde a Concellaría de Educación se comprometeu en diversas ocasións coa execución da obra, non foi ata a semana pasada cando comprobamos a licitación e publicación da mesma:

http://santiagodecompostela.gal/e_santiago/contratacion.php?id=1473&lg=gal

Para asegurar esta nova, na tarde do luns 12 de novembro a ANPA Fontela foi convocada a unha reunión no Pazo de Raxoi. Nesa xuntaza o alcalde de Santiago confirmounos a licitación e contratación da obra, e pediunos desculpas polas expectativas de pronta execución durante todos estes anos, engadindo que, por motivos administrativos, non se puido executar antes.

En canto a outra parte da obra,  esa mesma mañá, o Delegado Territorial da Xunta na Coruña, ratificaba o compromiso da Xunta de Galicia para realizar os tramos interiores da pasarela. Podedes ver a información en:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/35192/xunta-confirma-que-seguira-blindando-orzamento-para-tramos-interiores-pasarela

Así mesmo, comentar que aproveitando a reunión co alcalde, solicitámoslle que tivese en conta outras melloras solicitadas desde a comunidade educativa para a mellora do CEIP das Fontiñas e a súa contorna, como son: o acondicionamento da casa do bedel para que sexa un espazo “utilizable” para actividades, a seguridade peonil na contorna do colexio e as varias reclamacións que se veñen facendo nos últimos cursos para a mellora do servizo de comedor.

Para rematar, agradecervos o voso apoio, difundindo e comentando a información publicada na plataforma de Facebook.

Seguimos traballando!!
Advertisements

One thought on “Situación actual da obra da pasarela

  1. Por favor, dademe de baixa no correo que xa estamos no insti.

    ________________________________ De: ANPA FONTELA Enviado: miércoles, 14 de noviembre de 2018 12:32 Para: Pérez Parada, Rosana Asunto: [Artigo novo] Situación actual da obra da pasarela

    anpafontela posted: ” Queremos informarvos dos últimos acontecementos relacionados co proxecto de obra da pasarela, aínda que seguramente xa estaredes ao tanto, moitos de vós a través da plataforma Facebook da ANPA. Como ben sabedes, a comunidade educativa do CEIP das Font”

    Gústame

Deixe un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s