Asemblea ANPA FONTELA: 4 de outubro

Lembrade que hoxe temos asemblea: 4 de outubro
16:30h en primeira convocatoria e ás 17:00h en segunda
 Biblioteca do CEIP As Fontiñas

A orde do día é a seguinte:

1. Lectura da acta da última asemblea e aprobación se procede.
2. Aprobación se procede da liquidación de contas do curso 2017-2018.
3. Proposta do orzamento do curso 2018-2019 e aprobación se procede.
4. Actividades realizadas pola ANPA o curso 2017-2018 e subvencións concedidas e presentadas. Actividades propostas para curso 2018-2019.
5. Actividades extraescolares e ludoteca. Seguro de accidentes en extraescolares. Falta de espazo polas obras. Novos representantes na comisión de Actividades Extraescolares.
6. Información e seguimento do funcionamento do comedor escolar. Necesidade dun novo representante na comisión de comedores.
7. Obras no colexio das Fontiñas: comedor e pasarela. Obras actuais: Espazo e saúde das crianzas no colexio.
8. Pavillón do colexio e situación actual para a Educación Física.
9. Preguntas e suxestións.

Para que a asemblea sexa o máis áxil posible, enviamos neste email as contas do curso 2017-2018, o orzamento para o seguinte curso, a acta da última asemblea e un documento que resume brevemente as actividades realizadas pola ANPA o curso pasado.

A orde dos puntos a tratar pódese modificar en función da dispoñibilidade dos membros da directiva.

Por último, indicarvos que para aquelas familias que o necesiten, a ludoteca que organiza a ANPA estará á súa disposición de balde durante o horario da asemblea. Se queredes utilizar este servizo, mandádenos un correo electrónico a anpafontela@gmail.com (con asunto “Asemblea – xoves 4”) co voso nome, un teléfono de contacto e o número e idade das crianzas que vaian ir á ludoteca.

Advertisements

Deixe un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s