EXTRAESCOLARES para o CURSO 2018/2019

Ola familias!

Como vai o verán? Nós seguimos en acción 😉

Aquí tedes a relación das actividades extraescolares e de ludoteca previstas para ofertar para o vindeiro curso 2018/2019.

Os grupos finais das actividades extraescolares confirmaranse segundo a demanda de inscricións recibida en setembro. As actividades comezará o día 1 de outubro de 2018.

Agardamos que esta información poida servos útil para facer previsións conciliadoras.

folla de matrícula e inscrición enviarémola cando vaiamos achegándonos ao inicio do curso 2018-2019. Lembrade que comezan as aulas o 12 de setembro de 2018, e dependendo da demanda, previsiblemente a ludotecatamén inicia seu servizo o 12 de setembro.

Aproveitamos para informarvos que desde hai dous cursos xurdiu unha marabillosa actividade: o grupo MARIOLA TEATRO. Está composto por persoas adultas e miúdas, membros dos diferentes colectivos da comunidade educativa do CEIP das Fontiñas, que ensaia durante o curso co obxectivo de pasalo ben e de presentar na fin de curso unha pequena obra teatral, como veriades na Festa do verán en xuño de 2018.

Así mesmo, queríamos confirmarvos que, un ano máis, a ANPA Fontela cede a dispoñibilidade do pavillón áAgrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas (ADB Fontiñas), actividade que leva 13 anos practicándose no CEIP das Fontiñas, e que se imparte: martes, mércores e venres de 16.00h a 17.30h, aberto a toda a rapazada de Santiago.

Ah! E se coñecedes a novas familias que se vaian a integrar este curso no CEIP das Fontiñas, faládelle da ANPA FONTELA e das diferentes formas de contactarnos!

Advertisements

One thought on “EXTRAESCOLARES para o CURSO 2018/2019

  1. Pingback: Inicio de curso: ludoteca e extraescolares | ANPA FONTELA

Deixe un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s