2 a 6 de outubro: empezamos extraescolares

A vindeira semana comezarán as actividades: do 2 ao 6 de outubro, (salvo circo que se determinará antes do luns 2/10).

Grazas polas vosas solicitudes de matrículas e formularios para formar parte desta Asociación. Grazas por remitilas antes do 22 de setembro, e grazas pola paciencia para coñecer a formación de grupos.

Despois de estudar detidamente as matrículas recibidas para as actividades extraescolares, comunicamos que as que acadan o mínimo suficiente para poder levalas a cabo desde a semana que vén son:

DANZA GALEGA. Luns de 16:30h a 17:30h, no ximnasio do pavillón.

PANDEIRETA. (Infantil e Primaria). Luns de 17:30h a 18:30h, no ximnasio do pavillón.

INGLÉS. (Infantil e Primaria). Martes e Xoves, de 16:30h a 17:30h Infantil e de 17:30h a 18:30h Primaria, na actual aula de 2º B.

JUDO. Martes e Xoves, de 16:00h a 17:00h a partir de 3º Primaria, e mércores e venres de 16:00h a 17:00h Infantil ata 2º de primaria. Será no ximnasio do pavillón.

HÓCKEY SOBRE PATÍNS (4 rodas paralelas, non patíns en liña). Será no pavillón, os luns de 16:30h a 17:30h

PATINAXE (4 rodas paralelas, non en liña). No pavillón, os xoves de 16:30h a 18:30h. Non esquezades que hai un descanso na actividade para tomar a merenda que se leve e repor folgos.

ROBÓTICA (Só Primaria): tal e como estaba estipulado na folla de matrícula, só cun grupo, esta actividade realizarase os mércores de 16.30h a 17.30h.

CIRCO. Estamos pendentes de que se poda crear grupo, pero ata o venres 29/09 non volo poderemos confirmar, dependendo de se se animan máis familias tras a exhibición do mércores 27/09, posto que a matrícula foi escasa pero non desbotamos que se leve a cabo.

LUDOTECA. Polo menos ata decembro de 2017, estará en funcionamento o servizo de ludoteca en horario de 16:30h a 18:30h, de luns a venres, nos diferentes espazos determinados para ela.
Lembrade: Luns, obradoiros de cociña (na aula 1 de 16:30h a 17:30h, e no comedor de 17:30h a 18:30h). Martes, Obradoiros medioambientais (na aula 1). Mércores, multideporte, habitualmente no pavillón. Xoves, artes plásticas na aula 1, e venres Cine (2ºB) e Informática (aula informática).

Por tanto, para o resto das actividades non nomeadas, infelizmente NON se formou grupo (tenis, tenis de mesa, capoeira, pandeireta adultos/as, portugués e robótica para infantil).

Deixe un comentario