Concentracións-15-de-xuño-2015Dende o movemento asociativo de nais e pais, as anpas, levamos sete anos reclamando a volta ao sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto, un sistema que estivo vixente nos gobernos anteriores ao actual goberno da Xunta de Galicia que foi quen o substituíu polo cheque libro destes últimos anos

A gran diferenza co cheque é que este só cubría a uns poucos, os de rendas moi baixas, mentres que o sistema anterior cubría a todo o mundo, todos os libros eran gratuítos e todos estaban en préstamo

Este ano, a Xunta de Galicia liou aínda máis o sistema e o alumnado de 3º e 5º non vai ter dereito a cheque, senón que recibirán a axuda mediante o reparto, por parte do colexio, dos libros que se devolvan do cheque do ano pasado, e cando se rematen os libros rematouse a axuda segundo establece a orde que o regula

Por outra parte, a Xunta deixa liberdade aos centros na posibilidade de cambio dos libros de 4º e 6º, co cal atoparémonos con que haberá familias que terán que cambiar obrigatoriamente eses libros, mentres que outras non o farán se o profesor-a que lles toca considera que non é necesario o cambio

A nosa anpa está integrada na Federación de Anpas Compostela, que o está á súa vez na Confederación ANPAS GALEGAS, e queremos transmitirvos os acordos aos que se chegou neses grupos:

1.- Solicitar á Administración Educativa que para o curso próximo non se cambie ningún libro de texto *

2.- Esixir que os criterios de cambio ou permanencia sexan uniformes para todo o territorio galego

3.- Aproveitar eses cambios de libros de texto para volver a implantar un sistema de préstamo universal e gratuíto, que faga realidade o mandato constitucional dun “Ensino obrigatorio gratuíto”

Por iso, imos facer concentracións

En Compostela estaremos na Praza do Toural, o luns día 15, ás 20:00 horas

Deixe un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s