Seguen os froitos dos “paraugas amarelos”

peq_IMG_5212O pasado luns, 19 de xaneiro, celebrouse nas instalacións da Inspección Educativa, no Edificio do Mupega, unha reunión co Xefe Territorial na provincia da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O obxectivo do encontro era abordar a problemática relacionada cos traslados dos alumn@s de infantil entre os dous edificios do centro, pola que no pasado mes de novembro comezou a argallarse a campaña “Non deixes que se mollen” cos seus xa omnipresentes paraugas amarelos polas rúas de Fontiñas e de Compostela toda.

Na devandita reunión, canda o Xefe Territorial, participaron 3 representantes da ANPA Fontela, o director do CEIP das Fontiñas, a Inspectora asignada ao noso centro, e a Concelleira de Educación do Concello de Santiago de Compostela (quen trala reunión, nesta mesma semana, tamén visitou en persoa as instalacións do CEIP das Fontiñas). Dende a ANPA e a Dirección do centro fíxose fincape na necesidade urxente de solucionar esta problemática, necesidade da que vimos constatando dende o inicio da campaña conta cun amplísimo e maioritario apoio social nas Fontiñas.

Cremos ter transmitido axeitadamente na xuntanza esas necesidade e urxencia, tanto ao Concello como ao representante da Consellería de Educación, quen amosaron tamén a súa simpatía pola proposta feita por nós (ANPA e Centro), da que entenderon que concilia as necesidades da comunidade educativa coas da veciñanza do barrio das Fontiñas. Así mesmo ofreceron o seu compromiso de traballar por axilizar o levaren adiante esa proposta no que lles compete a cada un deles, nomeadamente a modificación do planeamento urbanístico no Concello e a realización da obra á Xunta. En definitiva, unha reunión cun resultado razoablemente positivo e esperanzador.

Malia iso, cada día que pasa @s nos@s pequen@s seguen a ter que atravesar a descuberto e pola rúa o treito entre os dous edificios do colexio, así que seguiremos abrindo os nosos paraugas amarelos para seguir facendo iso visible. Nos vindeiros días atoparedes nas mochilas d@s vos@s fill@s máis información sobre as próximas actividades para que NON DEIXEMOS QUE SE MOLLEN

Deixe un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s