Os “paraugas amarelos” dan os seus primeiros froitos

Fonte: Sandra Alonso - La Voz de Galicia

Fonte: Sandra Alonso – La Voz de Galicia

Sen dúbida podemos falar do éxito colectivo que supuxo a mobilización do pasado xoves 4 de decembro, que ademáis do impacto na rúa e ser portada da edición compostelá do xornal con máis difusión de Galicia, xenerou impacto nas redes sociais e 1.500 visitas a este blog entre o 4 e o 5 de decembro.

E ademáis comeza a dar algúns froitos, polo de agora tímidos, malia que esperanzadores. Esta mesma semana recibiamos confirmación por vía telefónica de que o Xefe Territorial da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia visitará próximamente (ao longo do mes de xaneiro) o noso centro acompañado da Concelleira de Educación de Santiago de Compostela.

Como a ninguén se nos escapa, esta visita é un froito evidente do noso esforzo conxunto para conseguir solucionar un problema co que levamos convivindo xa anos abondo.

Así que, isto son novos folgos para continuar coa nosa campaña, para que todo Compostela siga vendo e escoitando aos que xa nos chaman “os dos paraugas amarelos”. Precisamos seguir facendo visible que mañá, pasadomañá e todos os vindeiros días os nos@s pequen@s seguen cruzando metros e metros rúa arriba e rúa abaixo.

Nos vindeiros días seguiredes tendo novas do que vos propoñemos continuar facendo, así que agardamos seguir contando con todo o voso apoio, como ata o de agora. E lembrade que para que todo isto saia ben seguimos precisando cabezas que dean ideas e mans que axuden. Se queredes e podedes, facédenolo saber en anpafontela@gmail.com

NON DEIXEDES QUE SE MOLLEN!

Deixe un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s