Debate de actualidade: ¿Deberes sí? ¿Deberes non?

Estes días estamos a ler na prensa varias noticias sobre os deberes escolares, que é un tema que sempre moveu opinións contrapostas, dende aqueles que os defenden totalmente, ata os que os negan coa mesma rotundidade.
Tamén están a saír na prensa diferentes opinións de diferentes colectivos, moitas delas das familias, de xeito individual ou asociativo:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/31/pouco-agrada-moito-enfada/0003_201305G31P3991.htm

As nais e pais temos algo que dicir nisto, ¿qué opinades?

Lembrade que as opinións que deixedes aquí son exclusivamente vosas, e que van ser lidas por calquera que teña interese en facelo.

Coma sempre o debate é moderado, polo que a anpa non publicará os comentarios que poidan ser ofensivos para algunha persoa, pero si publicará calquera opinión porque estas deben ser libres.

2 thoughts on “Debate de actualidade: ¿Deberes sí? ¿Deberes non?

  1. Deberes si pero con moderación, non se pode ter a un neno todo o día traballando, eu penso que cas 5 horas de clase e cun pequeno repaso na casa e suficiente, que son nenos e teñen que disfrutar xa que están na idade de facelo.

    Gústame

  2. Creo que, coma en case todo, a clave está nas proporcións. Amigas da miña filla (3º de Primaria) necesitan cinco ou seis horas na fin de semana para face-las tarefas do cole e entre unha e dúas a diario, e teñen xornada partida!

    Á vista diso -e falando sempre desde a miña experiencia- creo que no noso centro modulan bastante ben. Unicamente nunha ocasión, a pasada semana santa, pareceume que se pasaran un pouco porque as vacacións deben ser sagradas.

    A teoría de crear hábitos non é mala pero tampouco é perfecta. Quero dicir que o hábito de estudiar e facer traballos na casa adquírese con maiir ou menor esforzo cando fai falta. Non creo que teñan gran vantaxe os rapaces que fixeron deberes na Primaria ó chegar á ESO fronte os que non.

    Entendo tamén que unha das finalidades da xornada partida é que os nenos cultiven afeccións, practiquen un idioma, exerciten algunha disciplina deportiva, etc. Daquela, haberá que deixar tempo para esas cousas, non?

    Gústame

Deixe un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s